NA LOITA CONTRA OS INCENDIOS
FORESTAIS TES MOITO MÁIS PODER DO QUE PENSAS.

SER CORTALUMES

é sinónimo de compromiso coa nosa terra e supón o recoñecemento de que todos os cidadáns temos nas nosas mans o poder de coidar e protexer a riqueza forestal de Galicia.

Nas túas mans está:

1. Gozar dos nosos montes e dos recursos que nos ofrecen, pero con responsabilidade.

  • NA TEMPADA DE ALTO RISCO QUEDAN PROHIBIDAS AS QUEIMAS.

  • CUMPRE AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE DAS PLANTACIÓNS CON CASAS E ESTRADAS.

  • NON TIRES CABICHAS NIN OBXECTOS AO MONTE E EXTREMA AS PRECAUCIÓNS.


2. Alertar das prácticas delituosas nos nosos montes. Os lumes son un crime. Denuncia.

  • OS INCENDIARIOS SON DELICUENTES DENUNCIA.

  • AS NEGLIXENCIAS TAMÉN QUEIMAN OS NOSOS MONTES, AXÚDANOS A EVITALAS.

  • SE VES LUME CHAMA AO 085.